C4G

Comunidade de Creadoras e Creadores de Contido en Galego

Que é?

reunion-c4g

A Comunidade de Creadoras e Creadores de Contido en Galego (C4G) é un grupo de persoas interesadas na creación de contidos de todo tipo en galego (blogs, podcasts, literatura, artes escénicas, artes gráficas, música, dixital, etc.) que se xuntan unha vez ó mes para coñecerse, falar, compartir ideas e aprender. Non é preciso ningún prerrequisito para vir a unha reunión.

Trátase dun espazo aberto, plural, de balde, para persoas de tódalas idades e niveis (amateur, profesional) e está organizado por voluntarios.

Acaba de nacer en Decembro de 2019 na Coruña e se o tema che interesa, convidámoste a que te apuntes se queres vir ás nosas reunións ou que te poñas en contacto connosco se queres axudar ou colaborar connosco dalgún xeito.

Canle de Slack

 

logo slack

 

A comunidade nestes momentos coordinase por un grupo de slack ó que podes acceder en:

Convite a Slack

Apúntate

 

Nota: Apuntarse é opcional mais axúdanos a enviar lembretes, avisar de cambios de sala, etc. Recomendámoste que te apuntes incluso se non podes vir presencialmente pero queres manterte informado do que facemos.